Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos
Xoves, 16 Abril 2015 12:36
O pasado domingo 12 de abril de 2015 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos, que este ano se celebrou no Museso do Pobo Galego, na cidade de Santiago de Compostela. O horario de celebración foi ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.
A orde do día foi a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe das actividades realizadas no ano 2014.
3. Aprobación do estado de contas do ano 2014.
4. Planificación de actividades para o 2015.
5. Elección da Xunta Directiva.
6. Rogos e preguntas.
Nesta Asamblea elixiuse nova Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos,
(Prema no título para ler a nova completa)
quedando ésta composta da seguinte maneira:
Xoan Manuel Tubío Fernández (Presidente).
Xesús Olimpio Xiráldez Río (Vicepresidente).
Erea Estévez Campos (Secretaria).
José Gil Dopazo (Tesoureiro).
Vogais:
Pablo Carpintero Arias
Gustavo Couto Rodríguez
Xaime Estévez Vila
Daniel Fernández López
Pilar González Barreras
Alberte Granja Bargados
Pedro Magariños Lores
Vitor Otero Vázquez
Juan Pena Costas
Alberto Pires Lage
Benito Queimaliños García
Xosé Tuñas Montero
Asemade, nesta Asamblea Xeral foi proposto e aprobado por unanimidade que Santiago Caneiro Aneiros fose nomeado Presidente de Honra da Asociación de Gaiteiros Galegos, pola súa entrega incondicional e incansable traballo ao fronte da AGG ao longo dos últimos 22 anos e por toda unha vida de dedicación e compromiso coa nosa música tradicional.