Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación Bordón Multitono

Presentación Bordón Multitono

Varios

bordonO bordón multitono, inventado no Obradoiro Musical JR, permite que as gaitas poidan afinarse nunha amplia gama de tonalidades só cambiando o punteiro.O  Obradoiro Musical JR presentará este invento o vindeiro 31 de marzo ás 12 horas na Galería Sargadelos de Santiago.

O bordón multitono permitirá a gaiteiros e gaiteiras usar unha mesma gaita en diferentes tonalidades sen apenas axustes. Ata agora, todo gaiteiro tiña que dispoñer dunha gaita diferente á hora de querer tocar con distintas tonalidades. Só no caso de tonalidades consecutivas se podían utilizar uns adaptadores ou cambiando os pallóns para cambiar a tonalidade. Utilizando o bordón multitono pódese conseguir este cambio de tonalidade só cambiando de punteiro na gaita, logrando afinar unha amplia gama de tonalidades sen necesidade de poñer ou quitar adaptacións ou pallóns.

Con esta peza pretenden que os gaiteiros que tocan en diferentes grupos, ou por necesidades do repertorio, non teñan que dispoñer de varias gaitas, senón que cunha única gaita e varios punteiros diferentes poidan afinar o seu instrumento en distintas tonalidades, ou incluso crear afinacións especiais ao seu gusto.