Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Concursos e Certames / Gañadores do concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

Gañadores do concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

Concursos e Certames

concurso-xoves-gaiteiros 1premio

Durante a fin de semana a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolleu as III Xornada de Música Tradicional, o sábado con obradoiros de pandeireta e canto tradicional, dirixido por Davide Salvado O Manso, pandereteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega. O domingo foi a quenda do III Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove, no que participaron dez parellas, dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1991 e 2001. Pola mañá os concursantes tiñan que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria: a Xota de Forcarei. Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas, os concursantes, vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaron unha peza tradicional de libre elección. Ao remate os compoñentes do xurado que foron os mestres, Iván Costa e Francisco Estevez, máis Ramón Vázquez Acha, O Chilro, outorgaron os seguintes premios:

1.º premio de 500 euros: Laura López Suárez e Santiago López Suárez, que interpretaron no tema libre A Maruxa, xota de Serxio.
2.º premio de 300 euros: Lois Prado Fernández e David Riveira Otero, que interpretaron no tema libre a Foliada de Verducido.
3.º premio de 150 euros: Xiana Teixeiro Rey e Marina Fernández Vigo, que interpretaron no tema libre Ribeirana de Mondoñedo, pasodobre xota de Serxio.
Premio ao mellor acompañamento de 150 euros, David Riveira Otero.

As xornadas e o concurso foron organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Alfredo Bea, o mesmo estivo presentado por Juan Antonio Aguín, presidente da Asociación Cultural Cantodorxo, e os premios foron entregados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín.

Ver video

http://www.todogrove.es