Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / XX Xantar Gaiteiro - Asociación de Gaiteiros Galegos

XX Xantar Gaiteiro - Asociación de Gaiteiros Galegos

Varios

xantar gaiteiro 2015Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro.

Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña.  

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!!

Este ano ademáis, é a XX edición do Xantar, polo que non pode faltar ninguén!! Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.

Para asistir ao XX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 7 de Abril, indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán. 

                DATA XANTAR: 12 Abril 2015 - 14.30 horas

                LUGAR : Restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña

                MENÚ : Cocido, Filloas,Orellas, Auga, Viño, refrescos, café e chupito

                PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.           

MÁIS INFORMACIÓN E  RESERVAS Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono  986 847 074 / 982 229 966

                Agardamos a túa participación!!!!!