Percusión de man e canto tradicional
Xoves, 19 Marzo 2015 11:38
No curso, impartido por Xabier Díaz, farase un percorrido pola xeografía sonora das músicas tradicionais de Galicia e lugares lindantes a través dos instrumentos de percusión tradicional, o xeito de tocalos, a súa localización, pervivencia, morfoloxía, contexto histórico, etc.
Ao longo do taller veranse as técnicas de pandeireta; técnicas de pandeiro cadrado e técnicas de pandeira así como a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
XABIER DIAZ
Compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo é o álbum Coplas para Icía (2007) no que contou coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias.
Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza, formou parte do grupo Berrogüeto. Premio da Academia da Música á mellor canción en galego (2011), así como o premio ao mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos dá Música Martín Codax (2013) e o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.
Numerosas colaboracións en discos e concertos con diversos artistas e formacións, tales como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño, etc.
Destinatarios do taller
Maiores de 18 anos
Prazas: 20