Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / XXXIII Curso de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - Lugo

XXXIII Curso de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - Lugo

Cursos

 

33 curso cntigas e froresAberto o prazo de inscrición para o XXXIII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación Cultural  ‘Cántigas e Frores’ de Lugo.

O curso terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril en Lugo. Este ano contarán con:

 -Javier Feijoo 'Chisco' para a especialidade de baile tradicional.

 -Miguel Anxo Lòpez 'Chino' para a especialidade de percusión tradicional.

 -Pedro D. Lamas para a especialidade de gaita galega.

 -Xela Conde para a especialidade de canto tradicional.

O prezo a matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódense enviar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, especialidade na que se inscribe, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.

Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.