XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
Martes, 20 Marzo 2007 10:14
Os días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa) vaise celebrar un interesante curso de Cultura Tradicional Galega organizado pola Asociación Cultural Cantigas e Frores, no Auditorio Municipal Gustavo Freire en Lugo. O prazo de inscripción rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade. Agardamos a vosa participación.Programa do curso XXV CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
Días 5, 6 e 7 de abril de 2007 (Semana Santa)
•Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE Parque da Milagrosa. Avda. A Coruña S/N
•Especialidades: 1. Técnicas de gaita, 2. Técnicas de canto e pandeireta, 3. Técnicas de percusión tradicional, 4. Técnicas de baile tradicional, 5. Técnicas de zanfona. Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 3 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais
•Inscricións: DATOS NECESARIOS: Nome e Apelidos, DNI, Tfno, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse.
As inscricións pódense enviar a: APARTADO DE CORREOS 344 - 27080 LUGO. FAX: 982 26 52 80 - E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (COMPRE AXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO)
•Prazo: Rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.
•Prezo de matrícula: 30 €, agás 20 € para os socios/as da Asoc. Cultural “Cantigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos. Pagamento na conta: 2091 0152 29 3040026419
•Programa previsto.
DÍA 5 Xoves:
09:00 A 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso.
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 6 Venres:
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 18:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica 18:30 a 20:00 Clase práctica
DÍA 7 Sábado:
10:00 a 11:00 Clase práctica 16:00 a 17:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
17:30 a 19:00 Acto de clausura e entrega de diplomas.
19:00 Concerto didáctico a cargo de Pablo Carpintero.
•Profesorado:
Mª Luisa Sarmiento (Técnicas de Gaita).
Mestra de gaita e integrante de “Froitos do Deza” e do dúo de gaitas e tamboril “Canivela”
Felisa Segade Otero – Santiago de C. (Técnicas de canto e pandeireta)
Comezou a súa formación no ano 1977 nos grupos Don Bosco e Cantigas e Agarimos de Santiago de C. Na actualidade é compoñente fundadora do grupo Leilia, desenrola tarefas de docencia e dirección no grupo Brincadeira, ademais imparte clases de baile e canto tradicional en diversas escolas e asociacións culturais. Ademais ter feito un importante traballo de recolleita ten impartido cursos e charlas sobre música e baile tradicional por todo o mundo. Participou na grabación de discos con: Alecrín, Milladoiro, Diplomaticos de Monte Alto, Emilio Cao, Kepa Junquera, Pilocha, Rumbadeira, etc …
Lola de Ribeira (Técnicas de percusión tradicional).
Mestra de percusión tradicional nas escolas de Ribeira, Porto do Son e Ancoradoiro. Diplomada en Educación Musical. Colaboradora cos grupos Ancoradoiro, Fiandola e Orfeón Terra Nosa entre outros.
Mercedes Prieto Martínez (Técnicas de baile tradicional).
Licenciada en danza pola facultade de Motricidade Humana en Lisboa. Pertencente á Asociacicón Pé de Xumbo exerce docencia no centro galego de Lisboa.
Mª Xosé López Villar - Vigo (Técnicas de zanfona e canto).
Integrante de diversos grupos entre os que destacan Muxicas, Anamoura, Na Virada e Xistra de Coruxo cos que ten gravada abundante discografía. Foi membro da xunta directiva da AGG. Participou en diversos proxectos de concertos didácticos. Imparte aulas de gaita e zanfona en varias asociacións culturais e escolas de música de Galiza e Portugal.
•Coordinación do curso: Mónica Fernández Fernández
•Organiza:
-Asociación Cultural “Cántigas e Frores” de Lugo.
•Patrocinan:
-Sociedade Anónima de Xestión Xacobeo – Consellería de Industria.
-Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural - Consellería de Cultura e Deporte.
•Colaboran:
-Excmo. Concello de Lugo.
-Asociación de Gaiteiros Galegos.