Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / XI Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

XI Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

Concursos e Certames

concursotequexeteldereCo fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, Tequexetéldere convóca o XI Concurso de Baile Tradicional. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

BASES

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.

-Categoría B: de 10 a 12 anos.

-Categoría C: de 12 a 16 anos.

-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).

Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

Horario:

O concurso celebrarase o domingo 19 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e C e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías B e D, no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)

Inscricións:

O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 12 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).

O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.

A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.

Establecerase a seguinte cuantía de premios:cartel xi concurso 2015

Categorías A e B:

-Primeiro premio (150 €)

-Segundo premio (120 €)

-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría C:

-Primeiro premio (180 €)

-Segundo premio (150 €)

-Terceiro premio (Trofeo)

Categoría D:

-Primeiro premio (240 €)

-Segundo premio (180 €)

-Terceiro premio (Trofeo)

Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).

Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

Entradas:

A taquilla abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das mesmas será de 3 euros por xornada,puidendose facer reserva das mesmas no correo-e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Sigue o concurso a través de Twitter @tequexeteldere | #concursoteque

 

http://www.tequexeteldere.aestrada.com