Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / 1 Convívio Música e Danza do Carballiño

1 Convívio Música e Danza do Carballiño

Cursos

 convivioObradoiros, debate, foliada e aloxamento, neste 1 CONVÍVIO que pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e desfrutar de dous días intensos en torno a música e a danza.

Estas Xornadas, que se realizarán os días 25 e 26 de Abril, farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.

Os cinco obradoiros que se ofertan son:

- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).

- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).

- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).

- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).

- Técnica para a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).

Os obradoiros realizaranse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25; e de 10:00 a 14:00, o domingo 26. Na tarde do domingo, falarase sobre ''a música tradicional na provincia de Ourense e a súa evolución'' nunha mesa redonda na que participarán algúns dos mestres e outros expertos. A asistencia á mesa redonda será libre, e por suposto, os asistentes poderán participar no debate se así o desexan.

As persoas que queiran inscribirse nalgún dos obradoiros, deberán descargar o formulario que se atopa no seguinte enlace https://www.dropbox.com/sh/kdizlczuz88d49j/AABSiZEayzEfaQE2gz9OODGMa?dl=0
, e cubrilo debidamente logo de ler o arquivo adxunto no que aparecen os requisitos pra ser admitidos, os datos do aloxamento, datos dos obradoiros...