Concurso 10º aniversario BellónMaceiras
Mércores, 11 Marzo 2015 08:41
Dende BellónMaceiras queren que participes de forma directa no seu PRÓXIMO DISCO e por iso pídenche que elixas unha canción para o seu novo cd, un traballo moi especial que conmemora o 10 ANIVERSARIO como dúo.
Se queres participar manda o título do tema, unha partitura ou unha gravación da melodía que che gustaría que gravásen. As composicións poden ser xa coñecidas ou unha composición propia. O tema debe seguir a liña de BM: tradicional, fusión ou celta.
Para participar podes enviar as túas suxestións por Facebook, Twitter ou ao email
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Entre todas as cancións recibidas seleccionarán o tema gañador. O nome do gañador será incluído nos títulos de crédito do novo CD e recibirá un lote de discos de BM.
Data límite de recepción de propostas 22 de marzo.