Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / A por outros 25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos

A por outros 25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos

AGG

25anos aggA Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o pasado domingo 7 de decembro o 25 aniversario da súa constitución, á vez que lle rendiu unha sentida homenaxe ao seu actual presidente, Santiago Caneiro Aneiros, pola súa dedicación desinteresada ao fronte desta gran familia.

Nesta gran festa, presentada por Xurxo Souto e Isabel Risco contouse con actuacións musicais de grupos da nosa música tradicional como Leilía, Treixadura, Os Carunchos, a Agrupación Abertal,  profesores da Tradescola, e gaiteiros de diferentes zonas do país, entre eles, Raúl Galego, Nela de Bres, Antón de Lourenzá, Modesto e Otilio da Fonsagrada. Ademáis, fíxose un percorrido pola historia da Asociación de Gaiteiros Galegos.

“É un desexo para nos que neste acto participen todas as persoas que teñan querer pola música do país” sinalaron dende a directiva da AGG, que conseguiron ateigar a sala de persoas asociadas e vinculadas dun ou outro xeito á música tradicional.

Dende a organización comprácenos e emociónanos enormemente, a gran acollida que tivo esta festa de celebración que pon de manifesto a cantidade de xente que comparte a nosa paixón pola cultura galega e moi especialmente pola súa música e baile tradicional.

E como en toda festa galega que se prece, non podía ter un remate que non fose cunha gran gaiteirada na que os asistentes que o quixeron se arrancaron a tocar varias pezas cos seus instrumentos para o desfrute de todos o presentes.

Grazas a tod@s por festexar con nós este día tan especial.