Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Foliada de Outono - A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo)

Foliada de Outono - A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo)

Festivais, Foliadas, Romarías

foliada de outonoA A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo) organiza unha foliada por todo o alto o vindeiro sábado, trece de decembro a partir das nove da noite no local da AV do Castro en Begonte (Lugo).

Unha foliada na que contarán coa rapazada de Tirapadiante de Rábade, vencellados á escola Músico Crisanto de Rábade-Begonte. Un conxunto de músicos moi novos con gañas de seguir a transmitir a nosa música tradicional con enerxía e calidade, tendo un futuro moi prometedor.
E por outra banda, contarán cun grupo xa consagrado, cunhas integrantes que levan moitos anos na defensa no noso patrimonio musical e que neste último proxecto están a acadar o apoio incondicional d@s seguidor@s das músicas tradicionais. As Eudemónicas e o eudemónico de Pablo Pintor, presentarán o seu último espectáculo no que xuntan a música galega co baile tradicional, xa que virán acompañadas de Rebeca Tallón que impartirá un obradoiro de baile.
E para seguir a festa, rematarase cunha foliada aberta.

Non faltedes!!