Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Prensa / UN CICLO LEVARÁ A 22 CENTROS A TRADICIÓN MUSICAL DO PAÍS

UN CICLO LEVARÁ A 22 CENTROS A TRADICIÓN MUSICAL DO PAÍS

Prensa

O grupo Caldaloba e Felisa Segade, de Leilía, serán os encargados do programa de concertos didácticos que levará a música tradicional galega a máis de 3.500 alumnos de primaria e secundaria de 22 centros de xestión municipal. O ciclo está organizado pola Concellaría de Educación e Mocidade, que repite esta iniciativa centrada na música como actividade «para o desenvolvemento sociocultural, económico e político». Os concertos, que se desenvolverán en horario lectivo durante os meses de marzo e abril, inícianse o día 7 nos colexios Pío XII e López Ferreiro.

Os propios músicos falarán sobre as características dos instrumentos, a súa utilización e evolución histórica e máis de figuras como a do gaiteiro, a pandeireteira, cantareiras, os cantares de cego ou o canto coral.