Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Homenaxes, Premios, Recoñecementos, .... / Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

Festa do 25 Aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos

Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....

cartaz 25anos finalpeqDende a  Asociación de Gaiteiros Galegos temos o pracer de convidarte o vindeiro domingo 7 de Decembro do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO NOSO 25 ANIVERSARIO, onde faremos un pequeno percorrido por estes 25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.

É para nós un orgullo termos convertido a lo longo de todos estes anos nunha gran familia, e queremos contar con todos vós para celebralo por todo o alto, contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.

Gustaríanos ademáis que participárades activamente no acto, polo que temos previsto facer para a inauguración do mesmo unha gran tocata dun par de pezas. As pezas escollidas para esta animación son

 

“Muiñeira de Armenteira” e o “Himno Galego” con gaitas en Do e outros instrumentos para acompañar.

PROGRAMA


-       Raul Galego 

-       Nela de Bres, Desiderio da Pontenova, Modesto da Fonsagrada, Constante da Fonsagrada, Otilio da Fonsagrada e Antonio de Lourenzá.

-       Leilía

-       Mestres da Tradescola

-        Treixadura

-       Os Carunchos

-       Homenaxe ao Presidente da AGG, Santiago Caneiro

-       Agrupación Abertal 

Presenta Xurxo Souto.

E para rematar haberá un pequeno convite no que cuns pinchiños e en grande compaña de todos os presentes remateremos un día grande no que se homenaxea a nosa paixón pola música tradicional galega.

Para asistir ao convite, deberás poñerte en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos antes do xoves 4 de decembro e reservar a túa praza.     

Información e Reservas:   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   || Tlf:  986.847.074 - 982.229.966

Entrada de balde. 

VEN A TÚA FESTA!!!