Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de Composición Folc - O Porriño

Obradoiro de Composición Folc - O Porriño

Varios

cartaz curso ernesto camposOs sábados 8 e 15 de novembro celebrarase un curso de iniciación á composición de música folc impartido e coordinado polo Mestre e Compositor Ernesto Campos.

O horario será de 16:00 a 20:00 para os dous sábados e, entrambas xornadas farase unha coordinación activa da formación mediante apoio virtual empregando redes sociais.

O custe das inscripcións será de 50 euros por alumno e a mesma realizarase no seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 605 90 15 25 (Fernando)