Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Xornada de Baile Tradicional - A Coruña - Asociación de Gaiteiros Galegos

Xornada de Baile Tradicional - A Coruña - Asociación de Gaiteiros Galegos

Varios

xornada baile tradicional 25 outubro ok - peqO vindeiro día 25 de Outubro, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova Xornada sobre o Baile Tradicional, que terá lugar na sala 9 do Centro Ágora sito na cidade da Coruña.

Dende a AGG organizamos esta actividade, que coidamos necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, xa que existe unha falta de espazos de debate para conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia. Por outra banda, existía tamén un gran baleiro de métodos e materiais didácticos, cuestión que se está a solucionar, e que non pode ser doutro xeito que dándolle pulo dende xornadas deste tipo.

Este é o momento de axuntar esforzos, e dar relevancia a unha parte moi importante na tradición galega como é a súa expresión corporal, o baile. Xunto cos profesionais, estudosos, e persoas destacadas do sector, analizarase o estado do baile tradicional en Galicia. É fundamental potenciar o seu ensino e propoñer materiais, métodos e actividades que o acheguen non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.

A Xornada iniciarase ás 10.30 horas e nela teremos ponencias, obradoiros de baile e unha mesa redonda para tratar o estado actual e o futuro do noso baile. Permanecede atentos!! En breve comunicaremosvos o programa completo!!

A asitencia á Xornada é de balde, para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto ou chamar ao teléfono 982229966.

Prazas limitadas por orde de inscrición.