XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA - AGG
Martes, 09 Setembro 2014 09:39
O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...
Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!!
Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus datos a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou chámanos por teléfono ao 986847074/982229966.
PROGRAMACIÓN:
MAÑÁ:
- 09.00 horas. Acto de apertura da xornada.
- 09.30 horas. Conferencia I - “Evolución, morfoloxía e tipoloxía das gaitas no noroeste peninsular”- Pablo Carpintero .
- 10.20 horas. Turno de preguntas
- 10.40 horas. Presentación da publicación "Tanto encanto reunido" - Berros do Castro.
- 11.00 Conferencia II - “Transformacións na organoloxía da gaita en Galicia: O caso da gaita marcial”- Castor e Félix Castro Vicente.
- 11.50 horas. Turno de preguntas
-11.15 horas. Descanso
-11.45 horas. Conferencia III - “A gaita en Aragón” - Mario Gros Herrero.
- 12.35 horas. Turno de preguntas
- 13.00 horas. - Conferencia IV - "A gaita asturiana na fin da tradición: cambios e continuidade" - Juan Alfonso Fernández
- 13.50 horas. Turno de preguntas
TARDE:
- 16.30 horas. Conferencia IV - “Organoloxía da Gaita” - Jean-Pierre Van Hees.
-17.30 horas - Turno preguntas
- 18.00 horas - Mesa redonda interxeracional .
- 19.00 horas. Descanso
- 19.30 horas. Concerto - Jean-Pierre Van Hees: Musette de Cour e Muchosa.
- 20.15 horas. Concerto - Faustino Luis Seoane.
- 20.45 horas. Remate das xornadas
- 21.00 horas. Foliada