Enquisa para base de datos de artistas de música tradicional
Domingo, 11 Febreiro 2007 16:48
Estimad@s soci@s:
Como seguramente xa saberedes, a Asociación de Gaiteiros Galegos colabora activamente con diversas institucións e entidades galegas en proxectos e actividades relacionadas coa música e o baile tradicional.
Para a realización destas actividades, encamiñadas á difusión e divulgación da música tradicional galega, é preciso contar cunha base de datos actualizada de artistas e agrupacións integradas por membros da Asociación de Gaiteiros Galegos: grupos de gaitas, baile, pandereteiras, cuartetos, requintas, charangas, solistas… Esta base de datos, ademais de facilitar a comunicación e encontro cos asociados, pretende ser unha ferramenta que canalice futuras actuacións e contratacións. A Xunta Directiva da AGG valorou que é fundamental ter esta información para saber, con certeza, as agrupacións que están dispostas a traballar en posibles actuacións que demanden as entidades locais e a propia Xunta de Galiza.
Pregámosvos que, por favor, descarguedes o formulario da enquisa premendo, co botón dereito do voso rato, sobre a fotografía ou a referencia do final, o cumprimentedes (pódese facer directamente desde o Acrobat Reader) e o enviedes, ben por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , por fax ao número 986 847 074, ou por correo postal a:
Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII, 7 2º Of. 8
36002 Pontevedra
As enquisas que nos remitides supoñen para nós unha valiosísima fonte de información que trataremos de acordo coas leis e disposicións vixentes en materia de protección de datos.
Agardando a vosa colaboración, dámosvos as grazas por anticipado.
Descargar formulario.