Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Repichocón (Cariño)

Repichocón (Cariño)

Varios

san xiaoA Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo de Cariño quere convidarvos a pasar un día de festa e boa música tradicional.

A festa comenzará a partir das 18:00h do 12 de xullo, para que calquera idade poida disfrutar das actuacions de:
- A.F. San Xiao do Trebo (Cariño)
- Grupo de Danzas Pais de San Roque (Cangas)
- Banda de gaitas Alfaia (As Pontes)
- A.C. Brisas do Quenllo (Tordoia)

As 20:30h farase un breve descanso (para comer antes de seguir coa festa..) e retomarase ás 22:30h coas actuacións de:
- Os Trevillas (As Pontes)
- O Son do Sor (O Barqueiro)
- No Cómbaro (As Pontes)
- Almuíña Pandereteir@s (Silleda)
- Andarivel (Ladrido)

Ó remate farase unha gran QUEIMADA, e se Tocas, Bailas ou Cantas, non dubides en achegarte á  foliada.
ANÍMATE!!

Contarán con varios sorteos ó longo do día: cestas, tablets...