Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Obradoiro de Empalletado e Afinación (Madrid)

Obradoiro de Empalletado e Afinación (Madrid)

Varios

cartel curso empalletado  juan luna 2014A Escola de Música Galega A Píntega Marela organiza un curso de empalletado e afinación para o vindeiro sábado 12 de xullo.

Vanlle adicar como mínimo a metade do tempo á práctica xa que o obxectivo é que o alumno saia sabendo afinar unha ou varias gaitas ou, polo menos, que teña os conceptos claros para poder facelo. Farase entrega de material didáctico e haberá que levar unha navalla tipo Taramundi e máis un afinador (isto último é opcional).

DATA E HORARIO 

Sábado 12 de xullo de 11 a 14h e de 16 a 19h (6 horas)

PREZO

44€ (alumnos de A Píntega Marela en activo)

49€ (alumnos externos)

PRAZAS

10 alumnos. As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

Máis info sobre o curso e inscripción en www.apintegamarela.org