Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Presentación da Orquestra de Música Tradicional Galega (A Coruña)

Presentación da Orquestra de Música Tradicional Galega (A Coruña)

Varios

orquestra musica tradicionalA ORQUESTRA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA (OMTG) é unha proposta do profesorado da Escola Municipal de Música de A Coruña como nova agrupación do centro para o curso 2013-2014. A diferenza esencial a respecto doutras agrupacións existentes na escola é que a OMTG se crea como un “taller” aberto tanto para alumnado interno como externo á propia escola.

O prezo para alumnado interno é gratuíto, e para alumnado externo hai que pagar a matrícula da escola e unha cuota mensal de 28 euros. A admisión na agrupación é a criterio do profesorado, precisando uns niveis mínimos instrumentais para esa admisión. A idea inicial é a de dinamizar a música tradicional na cidade da Coruña, permitindo un diálogo entre diferentes Asociacións Culturais e Escolas que a practican (tanto na cidade como en localidades próximas) e a Escola Municipal de Música, sen necesidade de que isto se interprete como unha competencia polo alumnado. En definitiva: facer unha agrupación novidosa que non compita senón que comparta a súa actividade con todas esas asociacións culturais e todo o alumnado da Escola Municipal de Música, en favor da dinamización da música tradicional na cidade.

  • Data: 24/05/2014

  • Horario: 19.30 h.

  • Prezo: Entrada libre ata completar capacidade

PROGRAMA:

Dirección: Eduardo "Dubi" Baamonde

ARTISTAS INVITADOS:

  • MANOELE DE FELISA (cantautor)
  • MARCEL CHIRILOV & MARCOS REPRESAS (dúo clarinetes) "Eu quero sossego" (fado). Arreglos: Marcel Chirilov
  • SAPOCONCHO GALEGO (cantautor) "Estraña forma de vida", "Lágrima" e "Carmiña Carmela & O Arrierio".
  • GRUPO MAGHÚA (pandereteiros)
  • PULPINHO VIASCÓN (serrucho e piano) "Os Teus Ollos"

ORQUESTA DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA

  • "Mazurca de Mondoñedo" (tradicional. Arreglos: Eduardo"Dubi" Baamonde)
  • "Pasodobre Aires d´a Festa" (inédito Adolfo Sierra 1947. Arreglos: Eduardo"Dubi" Baamonde)
  • "Muiñeira" (para orquestina coruñesa) H. Rossy (inédita 1ª edición 1930. Arreglos: Eduardo "Dubi" Baamonde)
  • "Alvorada para Martinha" (Composición e arreglos: Eduardo "Dubi" Baamonde excepto contrabaixo Pablo López Cortón)
  • "Ruada de Rebordelo" (tradicional. Arreglos: Pablo López Cortón)