Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A Asociación sae moi reforzada da Asemblea Xeral Ordinária

A Asociación sae moi reforzada da Asemblea Xeral Ordinária

AGG

O pasado domingo 24 de marzo de 2005 tivo lugar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Asemblea Xeral Ordinária da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Na mesma informou-se ás/aos sócias/os das actividades realizadas pola Xunta Directiva durante o ano 2004.



Mais información
O pasado domingo 24 de marzo de 2005 tivo lugar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, a Asemblea Xeral Ordinária da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Na mesma informou-se ás/aos sócias/os das actividades realizadas pola Xunta Directiva durante o ano 2004, entre as que destacamos:

1.- Apertura deste Portal,
2.- Campaña de Captación de Sócias/os,
3.- Nova Imaxe Corporativa,
4.- Actualización da base de datos de sócias/os e contacto cos mesmos por correo ordinário e/ou eletrónico,
5.- Recuperación do arquivo sonoro e gráfico da Asociación,
6.- Apoio á Aula Gomes Mouro de Ourense na celebración do Dia do Orgullo Gaiteiro,
7.- Apoio e colaboración coa agrupación Picuiña de Marín na organización da II Mostra de Cuartetos Tradicionais,
8.- Xestión diante do Consello de Administración da TVG por mor da parcialmente demostrada na emisión do programa "A Chave",
9.- Entrevista co Delegado de Educación de Ourense polas irregularidades advertidas no Conservatório de Música de dita cidade en relación co instrumento gaita galega,
10.- Toma de contacto co IGAEM para futuras colaboracións,
11.- Solicitude de postos de traballo polo Plan Labora (informátic@, administrativ@ e arquiveir@),
12.- Presenza na homenaxe a Manuel María por motivo do seu pasamento,
13.- Organización do X Xantar Gaiteiro en Ordes (Coruña),
14.- Seguimento e mobilización por mor do convénio asinado entre a Asociación Banda de Gaitas Província de Pontevedra e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra,
15.- Organización da XII Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas,
16.- Organización da Mostra de Artesans no V Memorial Ricardo Portela, Comunicación coa Directora de RTVE para pedir explicacións da gravación de discos da RBO con sela da RTVE.

Posteriormente, e tal e como é preceptivo nos Estatutos da Asociación, tivo lugar a eleizón de Xunta Directiva. Resultou elexida, por UNANIMIDADE, a seguinte candidatura

PRESIDENTE: Santiago Caneiro Aneiros
VICE-PRESIDENTE: Iván Area Carracedo
SECRETÁRIO: Xan Tubío Fernández
TESOUREIRO: José Francisco Gil Dopazo
VOGAIS:

Magoia Bodega Pérez
Pablo Carpintero Arias
Xaime Estévez Vila
Raúl Galego García
Xosé Antón Lebedynski Mena
Eduardo Méndez Baamonde
Paulo Nogueira Porto
Vitor Otero Vázquez
Fina Palleiro Rivas
José Juan Presedo Díaz
Ramón Rodríguez Palleiro
Álvaro Seivane Magide

Posteriormente, informou-se dos proxectos de futuro, aprobaron-se as contas correspondentes ao exercício 2004 asi como o orzamento do ano 2005.

Finalmente, no ponto de Rogos e Preguntas, trataron-se diversos aspectos, alguns deles fundamentais para a Asociación.