Curso de creación musical ‘Músicas para a Escola’ no Campus de Lugo
Xoves, 11 Xaneiro 2007 09:39
As clases do curso ‘Músicas para a Escola’ de creación musical e folclore, dirixidas por Inmaculada Cárdenas e impartidas por Pilar Cabeza, Charo Herrero e Isidoro Rodríguez, celebraranse os días 19, 20, 26 e 27 de xaneiro no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación do Profesorado. O prazo de inscrición permanece aberto dende este luns, día 8.O curso, recoñecido cun crédito de libre configuración, consta de dúas partes diferenciadas, dedicadas cada unha delas a aspectos diferentes. Unha primeira, impartida polos especialistas en pedagoxía e creación musical, Pilar Cabeza e Charo Herrero, estará dedicada á creación musical, mentres que a segunda, impartida polo investigador Isidoro Rodríguez, dedicarase ao folclore.
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: 982 28 59 00