Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG organiza a XIX Edición do Xantar Gaiteiro (As Pontes)

A AGG organiza a XIX Edición do Xantar Gaiteiro (As Pontes)

Varios

xgfinalA Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera.

Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!!

A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes.

Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha programación completa e interesante. Convidade aos voso amigos a que pasen esta xornada con todos nós, teremos charlas, exposicións, visitas, música e por suposto o xantar.

Programa:

 

11.30 horas . Exposicións e charla no Mercado Vello a cargo de Berros do Castro e da AGG

12.30 horas. Visita Guiada á Praia do Lago (Sairá un bus do colexio Santa María, para asistir é preciso inscribirse)

13.30 horas. Pasabares polo centro da vila

14.45 horas. Xantar na carpa instalada no Colexio Santa María

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos  e lugares). Será preciso inscribirse para facer á visita guiada á Praia do Lago

Para asistir ao XIX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 20 de Marzo, indicando, se é o caso,  o número de persoas que te acompañarán.

DATA

23 de marzo de 2014

14:45 horas

 LUGAR

Colexio Santa María

Praza de América s/n 15320  As Pontes   ( A Coruña )

MENÚ

Sopa

Cocido

Freixós, requeixo da Faeira e Mel de Boente

Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO

O prezo é de 21 euros por persoa que serán entregados ao entrar (10,5 € para nenos menores de 12 anos).

RESERVA

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono  986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)