Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto Solidario de A Píntega Marela (Madrid)

Concerto Solidario de A Píntega Marela (Madrid)

Varios

cartel solidario mar2014O grupo didáctico da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela dará un concierto solidario o vindeiro 8 de Marzo ás 19h

no Auditorio do Colegio Mayor San Juan Evangelista, cuxa recadación íntegra será donada á Fundación Música Abierta.

O vindeiro sábado 8 de marzo, o grupo didáctico da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, ofrecerá un concerto solidario no Auditorio do Colegio Mayor San Juan Evangelista de Madrid.

Nel participarán como colaboradores o Coro Universitario Complutense, dirixido por Francisco de Bustos e o pianista Adrián González.

O concerto, de pouco máis dunha hora de duración, presentará un percorrido pola música galega de diferentes zonas e épocas, arranxadas polo director e mestre da escola, Juan Luna.

A entrada é de 3€ para adultos e 2€ para menores de 6 anos. Ademáis, aqueles que non poidan asistir, poden colaborar igualmente a través da adquisición dunha entrada de fila cero en http://www.musikaze.com/apintegamarela.

A recadación íntegra das entradas donarase á ONG Fundación Música Abierta, sita en Valladolid e que ten como obxectivo facilitar o acceso á música a persoas con discapacidade a través, principalmente, de dous proxectos: cadernos de música para discapacidades e danza interactiva para persoas con discapacidade.

Por se éste non fora motivo suficiente para colaborar con esta inicitiva de A Píntega Marela, durante o concerto realizarase entre os asistentes o sorteo dunha cena para 2 persoas no restaurante Las Armonías de Palacio e un cheque por valor de 50€ para canxear en Tununtunumba Instrumentos Musicales