Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Presentación: "A Cultura Tradicional Galega Desaparecida" (Vigo)

Presentación: "A Cultura Tradicional Galega Desaparecida" (Vigo)

Varios

a cultura trad desaparecidaPresentación de "A Cultura tradicional galega desaparecida. A vida no Ourovello (Paderne, A Coruña) 1950-2000" de Antonio Rodríguez Cabanas.

O acto, que contará coa participación de Gonzalo Navaza, terá lugar o xoves, 20 de febreiro, ás 20:30 horas, en Andel Libraria (Vigo)

Antonio Rodríguez Cabanas é o autor deste traballo sobre a vida e os costumes da súa aldea natal durante os anos 50 e 60 do pasado século. O Ourovello, aldea da parroquia de Adragonte no Concello de Paderne pasou de ter 88 habitantes na década dos 50 a tan só 10 no albores do século XXI.
O Ourovello é o símbolo da historia da Galiza rural dos derradeiros anos. Un sistema de vida, de produción, de convivencia rápidamente substituído e do cal, aos poucos, vaise perdendo a memoria.