Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Exposición: Casto Sampedro, 75 anos do seu pasamento

Exposición: Casto Sampedro, 75 anos do seu pasamento

Varios

 

casto sampedroDo 20 de Xaneiro ao 7 de Febrero de 2014
Gratuito
Horario: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

 

A sede de Vigo da Deputación acollerá, a partir do luns 20 de xaneiro, a exposición sobre a figura de Casto Sampedro. Nela recóllense as principais facetas deste ilustre avogado e historiador redondelano, do que se conmemoran os 75 anos do seu falecemento.
Ó longo dos seus 89 anos de vida Casto Sampedro realizou un importante labor de búsqueda, estudo, difusión e conservación de fontes históricas, tanto de interese local coma galego, mostrando especial atención ó folclore. Ademais, cabe destacar que, entre outros moitos méritos, fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra, colaborou na creación do Museo de Pontevedra e é o autor do recoñecido "Cancionero Musical de Galicia".

www.farodevigo.es