Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Pasamento de Juan Bello Mallou, o gaiteiro das Casas Novas

Pasamento de Juan Bello Mallou, o gaiteiro das Casas Novas

Varios

 

XoanBelloMallou5Hoxe temos que lamentar a triste perda de Juan Bello Mallou, o gaiteiro das Casas Novas, un dos referentes fundamentais do mundo da gaita e unha figura imprescindible que sintetizaba como ningún outro o estilo dos gaiteiros de Santiago e comarca.

“Mallou” iniciosuse no mundo da gaita de neno, e dende ese intre, a música tradicional entrou na súa vida para non saír xamais.

Ao longo da sua vida acadou numerosos galardóns e ensinoulles ás novas xeracións de gaiteiros a amar a gaita e a facer da nosa música unha parte imprescindible da vida.

Unha persoa moi querida por todos, discreta e amable, que ten moito aportado á dignificación da gaita galega. 

Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda.

O velatorio será a partir das 17.30 horas de hoxe, na Sala 4 do Tanatorio de Boisaca, ( Rúa das Mulas S/N) en Santiago de Compostela.

Mañá ás 20.00 horas haberá unha misa no mesmo tanatorio.