Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Homenaxe ao Gaiteiro 2013 (Vigo)

Homenaxe ao Gaiteiro 2013 (Vigo)

Varios

 

homenaxe ao gaiteiroO próximo domingo 30 de Novembro a sala de concertos do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá a partir das 19.00 horas a vixésimo sexta edición do Homenaxe ao gaiteiro, organizado polo Grupo Etnográfico A Buxaina. Un evento musical onde todos os asistentes poderán gozar coas actuacións do grupo de música tradicional Abóbriga e o Grupo Etnográfico A Buxaina.

A entrada ao evento será con convite. Os socios do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo poderán retirar os seus convites dende o xoves 18 ata o domingo 24 do citado mes en horario de 20.00 a 22.00 horas de luns a venres e de 12.00 a 14.00 horas o sábado e domingo e os non socios dende o luns 25 ata o sábado 29 no mesmo horario arriba indicado.