Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional

A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional

Varios

 

copia de cartel xornadas 2013II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

 

Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha intensa programación, moi completa e interesante, que vos amosamos a continuación:

SÁBADO 16 DE NOVEMBRO

Mañá

10:30 h. Acto de apertura das Xornadas

11:00 h. Ponencia I : A gaita na música barroca de Galicia. Fernando  Reyes

12:10 h. Descanso

12:30 h. Ponencia II: Algunhas aportacións sobre a zanfoña e os músicos cegos ambulantes. Pablo Quintana

Tarde

16:00 h. Ponencia III: Gaitas de Fole em Portugal - Miranda, Minho e Coimbra:  estamos vivos! Jorge Lira e Gonçalo Cruz

17:10 h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional

Acordeón tradicional e folk galego. Alejandro Balbuena

O Cego de Padrenda Manuel Paz

Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas. Alexandre Cadarso “Cano”

18:00 h. Descanso

18:15 h. Ponencia IV: A Gaita e a Chifla na provincia de León, Luis Mondelo e Rafa Busto

22:00h  Foliada na “Nave de Vidán” (Avenida Mestra Victoria Miguez, 44 – Compostela)

DOMINGO 17 DE NOVEMBRO

Mañá

10:00 h. Ponencia V: “Non se toca cunha man…toques de pandeiro. Luís Prego

11:10  h. Presentación de novas publicacións sobre música tradicional.

Xogos Musicais. Luís Prego

Homenaxe Germán V. Soneira. O gaiteiros dos Hnos Lamas. Jose Mª Cebeiro e Xose F. Noia Souto

11:40 h. Descanso

12:00 h. Ponencia VI: “Organoloxía popular catalana. Agrupacións elementais e formacións complexas. Xavier Orriols

 

Tarde

16:00 h. Ponencia VII: Os cegos músicos na comarca da Limia. Cástor Castro

17:10 h. Ponencia VIII : A incorporación da gaita á música de cámara. David Bellas

18:20 h Descanso

18:30 h Concerto: As formacións da gaita en Galicia ao longo da historia. Pablo Carpintero e Luís Mondelo

19:30 h : Remate das Xornadas

 

LUGAR

Auditorio CGAC

Rúa Valle Inclán s/n
15704 Santiago de Compostela

INSCRICIÓN

Para participar é preciso inscribirse a través do correo  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  ou do teléfono 986 84 70 74

O prazo de inscrición rematará o 14 de novembro ou cando se complete o aforo, en tal caso aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes.

Prégase comprobar dispoñibilidade de prazas e aceptación da solicitude antes de facer o pago da inscrición. 

PREZO DA MATRÍCULA

Socios da AGG: 5 €

Outros : 10 €

FORMA DE PAGO

Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no nº de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto “ II Xornadas de Música Tradicional” e o nome completo da persoa.

 

Non faltedes!!!!!