Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Homenaxe a Santiago Caneiro (Narón)

Homenaxe a Santiago Caneiro (Narón)

Varios

cartel gaita 1Os alumnos da Escola de Música de Narón organizan unha merecida homenaxe a Santiago Caneiro, Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, para a que nos solicitan unha colaboración que orgullosamente prestamos.

Se alguén quere vir arroupar a Santi Caneiro neste día tan especial e disfrutar deste acto no que contaremos con boa música, será benvido.

A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo día 20 de outubro ás 19 horas no Pazo de Cultura de Narón.

A entrada é gratuíta, a retirada de invitacións poderase realizar na billeteira do Pazo  de Cultura  de luns a venres e dúas horas antes do acto.

Ao longo da homenaxe, contaremos con grupos que non quixeron faltar neste día tan especial como son:

-          Banda de Gaitas do Concello de As Pontes

-          Cantareiras de Alende

-          Asociación de Gaiteiros Galegos

-          AFI Berce

-          Grupo de Baile Tradicional Alxibeira

-          Susana Seivane

-          Banda de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón