Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Deput. Pontevedra / Reunión con José Juan Durán

Reunión con José Juan Durán

Deput. Pontevedra

O xoves dia 28 de abril de 2005 tivo lugar a primeira reunión co sr. José Juan Durán Hermida (Vice-Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura).

Á reunión asistiron, ademais do antedito Deputado, o Xefe de Servizo da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, e, pola outra banda, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.


Mais información

O xoves dia 28 de abril de 2005 tivo lugar a primeira reunión co sr. José Juan Durán Hermida (Vice-Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Presidente da Comisión Informativa de Cultura).

Á reunión asistiron, ademais do antedito Deputado, o Xefe de Servizo da Área de Cultura da Deputación de Pontevedra, e, pola outra banda, Santiago Caneiro, Iván Area e José Presedo.

Podemos calificar a reunión como unha primeira toma de contacto, na que se comentaron os distintos problemas detectados en relación co Convénio suscrito coa Asociación Banda de Gaitas Provincia de Pontevedra.
(1) En primeiro lugar, todos os relativos ao fundo do convénio:

1.1. Este tipo de Escola deixará unha província "plana", eliminando toda a diversidade e riqueza musical existente na actualidade nunha das províncias con maior riqueza.

1.2. Expresamos a nosa disconformidade co modelo vertical de estrutura que se plantexa para a Escola. Ofrecemos un modelo "horizontal" no que se consesue o profesorado con cada unha das bisbarras.

1.3. Expresamos os nosos temores ao ensino de ornamentación non galega e menos ainda, da província de Pontevedra, tanto a nível de gaita canto a nível de percusión.

1.4. Expresamos que ao noso parecer o número de Escolas é ainda insuficiente.

1.5. Expresamos a nosa disconformidade co tipo de aluno que se está unicamente a admitir: rapaces de 14-15 anos con vistas á formación de Bandas de Gaita e discriminando ao resto de posibles alunos.

1.6. Indicou-se como modelo de grupo oficial ao grupo do IGAEM, en contraposición ás bandas de gaitas.

1.7. Fixo-se constar o problema derivado do feito de ser de balde as clases ofertadas, en relación coas asociacións e grupos xá existentes.

1.8. Ante o comentário de que en todo o documento do convénio só se menciona "música tradicional" e despois de que indicasen que estamos a prexulgar a posible aplicación do mesmo, indicamos que levamos moitos anos no mundo da música tradicional e do folclore e que coñecemos ás persoas sobradamente.

1.9. A necesidade, ao noso entender, de que o profesorado sexa contratado despois dun concurso-oposición, tendo un salário pagado pola Deputación.

1.10. Ademais, comentou-se o froito do traballo da mal denominada "Escola de Gaitas da Deputación de Ourense": arrasou con todo o rico folclore da província. Comentamos que, ao noso entender, non debera ser lembrado o Deputado José Juan Durán por ser o artífice dunha situación similar na Província de Pontevedra.

(2) En segundo lugar, todos os relativos á forma do convénio:

2.1. Non coincidéncia do CIF co nome da Asociación

2.2. Non ter actualizados os Estatutos dacordo coa Lei 1/2002;

2.3. No Artigo 21 dos Estatutos da antedita (e legalmente inexistente Asociación) indica-se que o seu orzamento anual non superará os 3 millóns de pesetas.

Por cada un dos pontos anteriormente indicados solicitamos de xeito repetido e insistente a non continuidade do convénio na actual forma, asi como a recondución do mesmo dun xeito que poida ser satisfatório para o imenso colectivo de grupos e asociacións que apoian o manifesto-comunicado.

Como conclusións, despois de moito insistir, aceitaron toda a documentación que lles fixemos chegar en relación coa antedita Asociación Banda de Gaitas Província de Pontevedra, e con ela, requerirán informe á Asesoria Xurídica da Deputación para comprobar a validez ou non do convénio.

Indicaron que o texto literal do convénio afirma que é para o ensino de música tradicional e que o incumprimento do mesmo conlevaria ao impago das cantidades estipuladas.

Desmentiron as novas publicadas hoxe no xornal "Faro de Vigo" onde o redactor non rematou a frase: "Non hai previsións de renovar o convenio" era o que aparecia no Faro de Vigo, cando debera dicer "Non hai previsións de renovar e tampouco de que non continue".
(Todos somos galegos!!!!)

Ademais, requeriron a apresentación dun proxecto na liña de ensino de música tradicional. A este nível indicar que a nosa pretensión é que sexan tidos en conta, de xeito fundamental, a todas aquelas asociacións e colectivos que levan anos de traballo pola música tradicional.

En breve espazo de tempo será apresentado o proxecto requerido coas premisas indicadas anteriormente.