Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XI Festival de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - San Froilán 2013

XI Festival de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - San Froilán 2013

Varios

2013 cartel_festival_sanfroilan 4A Asociación Cultural Cántigas e Frores de Lugo organiza un ano máis para as festas do San Froilán a que será a décimo primeira edición do Festival de Cultura Tradicional.

O festival terá lugar mañá, día 5 de outubro de 2013 ás 17.30 h.  na Praza de Sta. María (Lugo) e nel poderemos ver actuacións da  Banda de Gaitas, do Grupo de Baile e do Grupo de Pandereteiras/os de Cántigas e Frores , que ofrecerán a sua actuación en duas partes, amosando en primeiro lugar repertorio recollido nas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña, con vestiario de gala e na segunda parte do festival ofrecerán pezas recollidas integramente na provincia de Lugo, co vestiario de cotio.

Este ano, a Asociación Cultural Cántigas e Frores convidou ao festival ó Grupo de Danzas Coletores de Calahorra, (La Rioja); este grupo ofreceranos a posibilidade de contemplar numerosos bailes e músicas tradicionais da zona.