Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Convocatoria de selección de temas para o novo disco recompilatorio de GalicianTunes 2013

Convocatoria de selección de temas para o novo disco recompilatorio de GalicianTunes 2013

Varios

A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), en colaboración con AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais), elaborará unha nova edición do disco recompilatorio de GalicianTunes que, nesta ocasión, terá un formato dixital para a súa escoita en liña a través da web promocional www.galiciantunes.com.

A nova versión da devandita páxina estará operativa a primeiros de outono cara á celebración das primeiras feiras musicais internacionais da temporada e, en especial, de Womex 2013. Tanto a web como esta recompilación musical servirán de apoio á difusión da música galega nesta cita internacional, que terá lugar en Cardiff do 23 ao 27 de outubro.

Ø  Con tal fin, ábrese ata o 30 de setembro o prazo de recepción de propostas de temas de grupos ou artistas de acordo cos seguintes criterios:

-Grupos/artistas galegos, residentes en Galicia ou que se destaquen por unha especial contribución á difusión e promoción da cultura e da música galegas.

-Só se poderá propoñer un tema musical por cada grupo/artista.

-Non se aceptarán temas xa editados nos anteriores discos de GalicianTunes

-A gravación debe cumprir os requisitos técnicos mínimos (non se aceptarán maquetas ou previos)

-Para ser seleccionado, o grupo/artista debe contar con ficha activada na web galiciantunes.com. Os grupos e /ou artistas que aínda non conten con nome de usuario e contrasinal de acceso a esta plataforma poden solicitala ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " indicando o nome do grupo e un mail para a súa activación.

Ø  Para achegar os arquivos de audio cos temas propostos deben  seguirse as seguintes instrucións:

-Forma de envío: por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo "> Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , preferiblemente empregando algún dos servizos gratuítos e universais para intercambio de ficheiros tipo WeTransfer.

-Formato: mp3 cun bitrate de 128 kbps

-O arquivo deberá acompañase dos seguintes datos:

  • Nome do grupo/artista
  • Título do tema
  • Título do disco
  • Data de edición
  • Selo editor

Ø  Á hora da selección terase en conta a seguinte orde de prioridade:

1.      As propostas das empresas acreditadas en Womex 2013

2.      As propostas correspondentes a discos editados a partir de setembro de 2012

Unha vez realizada a selección, a listaxe de temas que integrarán esta nova edición do recompilatorio GalicianTunes será publicada na web da Agadic (www.agadic.info)