Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Bocadiños de Música (Viascón - Cotobade)

Bocadiños de Música (Viascón - Cotobade)

Varios

bocados de musicaO Concello de Cotobad een colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha o vindeiro venres o ciclo "Bocados de Música" na Casa da Gaita de Viascón.

Esta actividade ten como finalidade promocionar a gastronomía local, a música do Concello de Cotobade e o Museo da Casa da Gaita. Farase unha mención especial á parroquia de Borela, dando a coñecer o folclore e o gusto polas tradicións que aínda perviven grazas ao tesón dos veciños da parroquia.

Estes concertos teñen unha duración curtae a entrada é gratuíta e o aforo é limitado. Poderase visitar o museo e degustar algunha delicia gastronómica propia do municipio.

venres 6 de setembro: 20:00h Foula

venres 13 setembro: 20:30 h Banda Unión Musical de Tenorio

venres 20 setembro: 20:00h Catro Ventos

venres 27 setembro: 20:00h Trazantes de Tenorio

venres 4 outubro: 20:30 Parroquia de Borela