Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Festival Noite da Lúa Meiga - O Viso - Redondela

Festival Noite da Lúa Meiga - O Viso - Redondela

Varios

programa2013lmUn ano máis o Colectivo Lúa Meiga organiza o festival Noite da Lúa Meiga, que se celebra dende hai 12 anos no Viso, concello de Redondela. Este ano a cita terá lugar o sábado 31 de agosto.

O Miradoiro do Monte Outeiro Grande volverá ser este ano o escenario da Noite da Lúa Meiga. 

Está programada unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos, primando durante o día ao público máis familiar.

As 12:30h realizarase  concentración no Monte da Gándara e a continuación o roteiro de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro Grande. A continuación haberá xantar popular, seguindo a partir das 16:00h cos xogos tradicionais para os cativos, obradoiros a cargo de Xoeira e de Emilio da Baña. A iso das 20:00h contarase co espectáculo de humor e malabares apto para tódolos públicos, “A Chungatrona” de Peter Punk. De seguido e xa na sesión nocturna, comezará o concerto e contarase coas pandereteiras Terra Meiga, Os Melidaos, Os Fondaos do Pífaro, Os Terribles de Donas e Os Carunchos.

Máis info: 

http://www.noitedaluameiga.org/