Festigal (Compostela)
Martes, 23 Xullo 2013 12:12
Un ano máis volta o Festigal no que a AGG estará presente cun stand informativo e de venda de publicacións no que ademais se poderán adquirir as rifas do sorteo de instrumentos que se celebrará no na XX Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas.
Ademáis dende a AGG organízanse un obradoiro de construcción de xoguetes e instrumentos vexetais a cargo de Pablo Carpintero, ás 16 horas no espazo infantil e outro de bailes tradicionais impartido por Xabier Iglesias ás 17 horas.
O grupo Os Carapaus e Faíscas de Solobeira estarán ambientando as rúas.