Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / PROGRAMA DA XX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2013

PROGRAMA DA XX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS - AGG - PARDIÑAS 2013

Varios

pardias 13_6 copy_resizeXa temos a programación da  XX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE PARDIÑAS 2013 

Esta mostra, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, é unha das máis antigas da península, e congregará este ano a máis de 30 artesáns que mostrarán o seu traballo durante os días 3 e 4 de Agosto no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz - Lugo). 

Nesta edición temos novidades!!!! Entre elas importantísimos sorteos de instrumentos musicais e outros agasallos!!!!

Estade atentos, en breve daremos máis información!!!!!!!!!

 

Sabado día 3

17.00h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

17.30h – Pregón a cargo de Pablo Quintana.

18.00h – Actuación de Pablo Carpintero: “Repertorio antigo de Pontevedra interpretado coas gaitas deManuel Villanueva doMuseo de Pontevedra”.

18.45h – Sorteo

19.15h -  Concerto de Maghúa presentando o seu traballo “Corricán”.

20.30h -  Concerto do trío La Guareña ( Asturies): “Camín de occidente a oriente asturiano”.

21.15 h – Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.

 

Domingo día 4

11.30h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

12.30h – Concerto Luis Mondelo e Rafa Busto (O Bierzo): “O Bierzo, terra de tamboriteiros  e gaiteiros”.

13.30h - Presentación do Guieiro dedicado a Xosé Seivane

17.00h – Demostración práctica de construcción de palletas – Jaime Pena

- Sorteo.

18.00h – Obradoiro de Baile tradicional – Xiao e Davide de Magúa.

19.00h – Actuación do grupo Os Raparigos.