Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / Clases de Zanfona en Lugo

Clases de Zanfona en Lugo

AGG

A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha aulas de zanfona na cidade de Lugo.

Para poder levar a cabo esta actividade a AGG conta coa colaboración da Direción Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta, e máis co patrocinio do Plan de xestión do Xacobeo, da Consellaría de Innovación e Industria.

Lugar: ”Eixo Garay”,
Horario: Tardes dos xoves de novembro a xuño.
Inscripcións: Asociación de Gaiteiros Galegos 986847074, ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mestre: Luis Correa “O Caruncho”. Á Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha aulas de zanfona na cidade de Lugo.

Para poder levar a cabo esta actividade a AGG conta coa colaboración da Direción Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta, e máis co patrocinio do Plan de xestión do Xacobeo, da Consellaría de Innovación e Industria.

Lugar: ”Eixo Garay”,
Horario: Tardes dos xoves de novembro a xuño.
Inscripcións: Asociación de Gaiteiros Galegos 986847074, ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mestre: Luis Correa “O Caruncho”.

É indiscutibel que a cidade de Lugo tivo un papel importante na historia recente na recuperación da zanfona. Nos anos cincuenta xurde o Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Lugo, onde Paulino Pérez, seguindo as instrucións de Faustino Santalices, fixeron posíbel que de novo se fixeran zanfonas en Galiza, para recrear coa súa melodía os nosos romances e coplas, este traballo sería continuado por Jesús Pérez e Antón Corral. Destes primeiros mestres chegáronse a crear ata unha ducia de obradoiros que están a funcionar hoxe en día.
En canto ó ensino a oferta é máis reducida e so imparten clases de zanfona: a Universidade Popular de Vigo, o Corservatorio Folque de Lalín, a Asoc. Cultural Cantigas da Terra D’A Coruña e a escola Municipal do Concello de Narón.
Pola escasa oferta de profesorado especializado, a AGG promove en Lugo esta escola de Zanfona, para cubrir este baleiro educativo na provincia. Dende a AGG temos constatado que abonda a demanda da aprendizaxe de este instrumento, despois de ter contactado con distintas agrupacións e centros onde se imparten clases de outros instrumentos tradicionais.

Dende a súa perspectiva de estudio, defensa, fomento e divulgación da música tradicional de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende con este curso dous tipos de obxectivos diferenciados, os primeiros, que teñen como destinatarios ós elementos culturais deste país e a sociedade en xeral, son os obxectivos xerais:

- Reivindicar un instrumento tradicional galego, pouco popularizado neste momento por diferentes problemas, e que presenta unhas características culturais, sonoras, técnicas e temáticas que fan necesaria a súa recuperación
- Divulgar este instrumento e promover o seu coñecemento, para tentar superar a ignorancia e evitar o confusionismo que, desgraciadamente se está a dar con outros instrumentos e elementos da nosa cultura tradicional.
- Incentivar o interese dos músicos do país por este instrumento.

Son obxectivos específicos do curso, dos que os destinatarios son os propios asistentes e tocadores:

- Crear un punto de encontro para aquelas persoas, músicos profesionais ou non, posuídores dunha zanfona, a fin de intercambiar experiencias e formular necesidades específicas para que poidan enfrentarse ó seu instrumento sen prexuizos nin medos.
- Ofrecer a estas persoas a posibilidade de contar cun monitor, que ademais de ensinar la técnica da man esquerda e contribuír á formación dos zanfonistas, aporte a súa experiencia persoal como músico tradicional.
- Ademais de aprender as técnicas para tocar o instrumento tamén se complemetara coa aprendizaxe do canto tradicional con zanfona, romances, coplas, cantigas de cego.........
- Elevar o nivel dos tocadores de zanfona deste país, a base de amplia-los seus coñecementos. Só así poderán estar en condicións de cambiar a actual situación de penuria no número de instrumentos, da dubidosa calidade de moitos deles e manipulación informativa sobre os mesmos, provocando unha actitude crítica, clara e positiva para a recuperación real da zanfona.

O MESTRE:
LUIS CORREA PIÑEIRO
“O CARUNCHO”

INFORMACIÓN PERSOAL .
Nome : Luis Enrique correa Piñeiro

Luis Enrique Correa Piñeiro, “O Caruncho”, é hoxe unha das referencias fundamentais na música tradicional galega. Coñecido pola súa faceta de músico profesional en toda Galiza, tanto pola súa faceta de recuperador da “regueifa”, como cantador de “romances de cego” coa súa zanfona, e como gaiteiro . Entra en contacto co mundo da zanfona da man do grupo “Múxicas” nos anos noventa. Dende esa data continúa a súa formación co instrumento, ata que comeza a facer actuacións como “cego” cantando romances e coplas ao xeito dos cegos. Sen dúbida é unha das poucas persoas que hai en Galiza que ten un traballo práctico de recuperación do cantar a compañado coa música da zanfona.

EXPERIENCIA LABORAL .

Profesor de gaita e percusión en:
· Asociación Cultural Airiños da Lagoa(Baiona)
· Centro Cultural de Vincios(Gondomar)
· Agrupación Folclórica Anaquiños (Chapela-Redondela)
· Centro Cultural Recreativo de Coruxo(Vigo)
· Escola de Gaitas A Nogueira do Castro(Vigo)
· Agrupación Folclórica Peña Xuntanza(Vigo)
· Agrupación Folclórica A Troula(Soutomaior)


OUTRAS FACETAS MUSICAIS .
· Membro fundador do grupo MILLARADAS de Vigo
· Membro fundador do grupo de música tradicional OS CARUNCHOS
· Foi Membro do Grupo XISTRA de Coruxo
· Partcipante no programa “As noites do Camiño”
· Participante dos concertos didácticos “A música Tradicional na Escola”
· Imparte obradoiros de Regueifa
· Monitor do curso de folclore de Cantigas e Frores de Lugo

DISCOGRAFÍA.
· “ALA QUE VAI”(OS CARUNCHOS, ano 1998)
· “SEN TEMPO NON ERA”(OS CARUNCHOS, ano 2002)
· “MONTEALEGRE”(OS CARUNCHOS, ano 2005)


COLABORACIÓNS DISCOGRÁFICAS
· “CATS & DOGS” (MACFÉCK,2002)
· “Meninhos cantores”(patrimonio inmaterial do galego-portugues,2005)