XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
Xoves, 04 Xullo 2013 08:39
Venres 12 e sábado 13 DE XULLO
XIV Memorial Ricardo Portela. Homenaxe a Xan de Campañó
Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta ocasión continuamos na liña trazada a anterior edición coa colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúas ao longo de todo o día. Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha homenaxe ao emblemático gaiteiro Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó de quen Ricardo Portela aprendeu o seu bo facer coa gaita.
Esperamos contar coa vosa compañia!!
Programa
Venres 12 DE XULLO
De 17:00 a 21:30 X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza da Ferraría
19:30 Pasarrúas de Os de Algures
Nas Prazas e rúas da cidade
21:00 Actuación do grupo Os Melidaos
Praza da Ferraría
Sábado 14 DE XULLO
De 11:30 a 14:00 e de 18:00 a 21:30 X Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais
Praza da Ferraría
12:00 Pasarrúas dos Picurruchos
Rúas e prazas da cidade
19:30 Pasarrúas dos grupos Abelente e Ludovaina
Nas Prazas e rúas da cidade
21:00 Actuación de Zurrumalla
Previo ao concerto do sábado, celebrarase a homenaxe a Ricardo Portela e a Xan de Campañó na que contaremos cunha representación de ámbalas dúas familias e na que o artesán Pablo Carpintero fará soar a gaita de Xan de Campañó como a mellor homenaxe que lle podemos ofrecer.