Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Día das Gaitas de Palla (Ourense)

Día das Gaitas de Palla (Ourense)

Varios

dia das gaitasA praza de San Martiño acollerá a primeira convocatoria do “Día das Gaitas de Palla”, onde se pretende que todos os asistentes constrúan a súa propia gaita de avea e dean a súa primeira nota, antes de que un grupo de gaiteiros interpreten algunhas pezas con este elemento que conforma un xoguete nas mans dun cativo e un instrumento nas mans dun músico.

Esta actividade, organizada coa colaboración da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, desenvolverase ao longo do SÁBADO 22, de mañá no marco do Encontro escolar (con obradoiros de elaboración de pallóns) e de tarde na propia praza de San Martiño, onde continuarán os obradoiros e tentarán reunir a un cento de persoas facendo soar a súa gaita de palla antes de que o grupo de gaiteiros interprete algunhas pezas do repertorio tradicional con este sinxelo e efímero instrumento.