Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto de Tradisón na Tradescola para nenos e maiores!

Concerto de Tradisón na Tradescola para nenos e maiores!

Varios

copia de cartel concerto didactico de musica tradicionaltradisonO vindeiro venres 21 de xuño ás 19.00 horas terá lugar na TRADESCOLA (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo) un concerto para nenos e maiores a cargo de TRADISÓN.
TradiSón é un proxecto a cargo de Xurxo Antúnez que nace cunha idea moi simple, que é a de vivir e descubrir todo o que nos pode aportar a nosa música, a música tradicional. Este é o único xeito de que non morra e siga viva. 

E ese é o obxectivo de TradiSón, facer que todo o mundo “viva” a nosa música. 
Estades todos convidados!!!!! a entrada é de balde, NON FALTEDES!!!!!!