Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / A Tradescola organiza un curso de técnica vocal e de canto tradicional en Meira

A Tradescola organiza un curso de técnica vocal e de canto tradicional en Meira

Varios

cartel curso de tcnica vogal no canto tradicional peqO vindeiro domingo 9 de Xuño, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, a Tradescola organiza un novo curso de técnica vocal e de canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo  e por Xela Conde, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vocal, para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, así como afondar nas técnicas de canto e pandeireta.  

Todos estos recursos e coñecementos serán aplicados posteriormente en pezas do repertorio tradicional elexidas para a ocasión.  

O curso terá lugar na Casa da Cultura de Meira (Lugo). A asistencia ao curso é de balde, previa inscrición.

Para informarse e facer a inscrición no curso, pódese chamar á Tradescola ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo