Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola organiza unha nova xornada didáctica de música tradicional na Pobra do Brollón

A Tradescola organiza unha nova xornada didáctica de música tradicional na Pobra do Brollón

Varios

 

cartel concerto didactico de musica tradicional pobla de brollon peqA Tradescola está a preparar unha nova xornada didáctica de música tradicional aberta para todo o público na Pobra do Brollón. O vindeiro día 25 de Maio ás 11.30 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura desta vila. O concerto estará impartido polo mestre da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”.

Coa realización destas xornadas, a Tradescola pretende achegar, potenciar e difundir entre a poboación a nosa música tradicional, axudar a que se coñezan os nosos instrumentos, os ritmos e as distintas formacións protagonistas da música tradicional e popular galega dos últimos séculos, todo explicado dun xeito didáctico e ameno.

A entrada ao concerto será de balde.