Curso de técnica vocal e linguaxe musical para intérpretes de folclore
Mércores, 20 Setembro 2006 09:50
O Conservatorio Mayeusis, de Vigo, vai iniciar un curso de tres anos de duración : “Curso de técnica vocal e linguaxe musical para intérpretes de folclore (cantareiros e cantareiras)”.Contidos do curso: linguaxe musical aplicada ó folclore, técnica vocal básica: coñecemento do aparato fonador; a respiración diafragmática; resoadores; emisión do son; timbres da voz; afinación; práctica de homo e polifonía; práctica da transcrición de documentos sonoros e arranxos a varias voces (estas dúas no último ano)
Outorgarase un diploma acreditativo a todos aqueles que rematen os tres cursos. A secuenciación será de 1 hora semanal, con grupos de 15 persoas como máximo, entre outubro e xuño.
O prezo será de 30 euros ó mes. O centro comprométese a non encarecer esta cuota durante os tres anos que dura o curso. As franxas horarias serán entre as oito e as dez da noite, (de oito a nove ou de nove a dez) e o día estaría en función dos grupos de alumnos que se podan formar. En caso de se formar un grupo con, alomenos, dez persoas que podan estar de acordo, estudaríase a apertura dun horario e día específico para eles.
O mestre encargado de impartir esta disciplina será Ernesto Campos, se queredes ampliar información, este é o seu enderezo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben podédesvos informar directamente no conservatorio Mayeusis (tel. 986 226 378).