Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Ouvirmos lanza o libro "Historia da música en Galicia"

Ouvirmos lanza o libro "Historia da música en Galicia"

Varios

Dende Ouvirmos lanzanhistoriamusicagalicia á venda a Historia da Música en Galicia cunha oferta especial do 25% de desconto só até o 15 de abril. O libro e dous CD’s pódense mercar por 44 euros (gastos de envío incluídos).

En palabras de Pilar Alén “non é ‘outra’ Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ‘a’ Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical”.

Esta obra permite ao lector achegarse cronoloxicamente á música feita no noso país a través de:

  • 440 páxinas
  • 27 cadros e esquemas explicativos
  • Máis de 150 fotografías
  • 2 CD’s
  • 27 temas musicais, dous deles inéditos
  • Máis de dúas horas de música