Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

 

para webUn ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´96 de Melide ( A Coruña).

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non,  o xantar!

Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.

Programa do día:

12.00 horas . Visita guiada ó Museo da Terra de Melide.

Dende as 13.00 horas arruadas e “pasa- bares” pola vila.

13.30 horas. Actuación do grupo de Zanfonas da Tradescola na Praza do Convento.

14.30 horas. Saida dos distintos grupos e participantes tocando dende o centro da vila ata o hotel Carlos´96 para xantar ás 14.45 horas.

Ademais na Capela do Santo Antón estará a Exposición Fotográfica “Froito Novo, 40 anos na memoria”

*Quen queira participar na arruada, avisar con antelación, (para a a posible distribución dos grupos  e lugares)

Para asistir ao XVIII Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 21 de Marzo, indicando, se é o caso,  o número de persoas que te acompañarán. Ao pé desta carta tes diversos xeitos para facelo.

                DATA

                                         24 de marzo de 2013

14:45 horas  

                LUGAR

Hotel Carlos´96

Av Lugo, 119  15800 Melide, A Coruña

MENÚ

Sopa

Cocido

Filloas

Auga, Viño, refrescos, café e chupito

                PREZO

O prezo é de 15 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

                RESERVA

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Teléfono  986 847 074 (Giovanna) / 982229966 (Mónica)