Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / CENTOS DE GAITEIROS PARTICIPARON NA “ALBORADA PARA ROSALÍA” NAS VILAS E CIDADES DE TODO O PAÍS

CENTOS DE GAITEIROS PARTICIPARON NA “ALBORADA PARA ROSALÍA” NAS VILAS E CIDADES DE TODO O PAÍS

Varios

banda de gaitas de cntigas e frores na muralla de lugo 2A Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo, e centos de gaiteiros, corais, solistas, grupos e bandas de gaitas... homenaxearon no día de onte a Rosalía de Castro coas súas interpretacións, no día no que se cumpriu o 176 aniversario do seu nacemento. Fixérono da mellor forma posible, coa “Alborada para Rosalía”, un acto sen precedentes que fixo que os sons das nosas gaitas chegaran a todas as vilas e cidades do país e do resto do mundo unidas por un mesmo fin, honrar á nosa poeta.

Toda a información audiovisual dos grupos participantes estará disponible para poder ver así o que ocorreu nos distintos lugares do mundo no seguinte enlace:

http://rosaliadecastro.org/

Dende a AGG manifestamos a nosa ledicia e agradecemos a grande acollida que esta alborada tivo por parte da comunidade de músicos tradicionais que encheron de sons as rúas e prazas das vilas do país na honra de Rosalía.