Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Homenaxe a Xosé López Bao, O Rei do Si bemol (A Coruña)

Homenaxe a Xosé López Bao, O Rei do Si bemol (A Coruña)

Varios


homenaxe baoO día 26 de Xaneiro, a partir das 19 h, no Ágora da Coruña, Cántigas da Terra organiza e participa na homenaxe ao magnífico artesán e gaiteiro Xosé López Bao. Artesán de referencia na cidade da Coruña durante moitos anos, Xosé López Bao, "Bao" como o coñececen moitos, forneceu de gaitas ás principais asociacións da Coruña, entre elas, por suposto, Cántigas da Terra. Alcumado "o rei do Si bemol", as súas gaitas gozan de merecido prestixio polo seu son limpo e potente, e aínda hoxe son utilizadas pola maioría dos gaiteiros de Cántigas da Terra. Canda el, recoñecerase tamén o bo facer doutros dous artesáns: Xoan Brea (gaiteiro e palleteiro) e Xosé Torres (artesán de tambores), que tamén traballaron con Bao