A música do país, contra o terrorismo incendiario, viste de negro
Venres, 11 Agosto 2006 08:50
A música do país, contra o terrorismo incendiario, viste de negroA través desta iniciativa a Asociación de Gaiteiros Galegos quere expresar a súa indignación e rexeitamento contra a actividade incendiaría que está a sufrir o país nestes últimos días.
Sabemos que moitos dos nosos socios están a traballar na medida das súas posibilidades en tarefas de colaboración. Máis aínda, moitas festas terán que ser canceladas. Aínda así, se nesta ponte, a máis festeira do ano, do 12 ao 15 de agosto, vas tocar, cantar, bailar, ... vístete de negro. Deste xeito o colectivo de músic@s e artistas manifestaremos a nosa adhesión coas víctimas do lume, cos traballadores que están a loitar de xeito valente e incansable. Formaremos parte, como sempre fixemos, do movemento social de rexeitamento contra este novo atentado que esta a sufrir o país.
Difunde esta mensaxe. Entre tod@s faremos chegar a todas as vilas, aldeas e cidades esta mensaxe de indiganción e rexeitamento.
Asociación de Gaiteiros Galegos.
Rúa Afonso XIII,7, oficina 8 - 36.002 Pontevedra
Tfno: 986 84 70 74
www.gaiteirosgalegos.com